HISTORIA DA LITERATURA GALEGA, 2. DE 1853 A 1916 : O REXURDIMENTO |
||||||||||||||||||||
|
$ 27.00
Según respuesta
del editor |
|||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853, e configura unha narración congruente e sólida que nos conduce agora pola etapa do Rexurdimento, desde os albores da renacenza literaria do idioma galego, a mediados do século XIX, deica a fundación das Irmandades da Fala en maio de 1916. Novamente da man de Xosé Ramón Pena, autor de referencia no espazo da historia da literatura, asistimos a unha fértil conversa coas diferentes ópticas investigativas sobre o período e mais os autores que o habitan. Interpretar os textos literarios como parte dun organismo vivo, unha totalidade integrada cuxas propiedades xorden das interaccións e relacións entre as partes; considerar así mesmo a literatura como un produto ideolóxico que alcanza a súa plena dimensión na concomitancia social; participar da idea dun macrotexto como converxencia vertical dunha creación respecto doutras e, asemade, tamén como proxección horizontal onde a textualidade do autor amosa a súa individualidade: tal é o eixo, o motor que alimenta o esforzo destas páxinas. Unha historia da literatura galega que vén ser elemento esencial e indiscutíbel da propia historia do país e do seu idioma, á cal fornece –e resulta fornecida– de consistencia e sentido. Desde a publicación d’A gaita gallega á convocatoria irmandiña de Antón Villar Ponte: velaí un percorrido que fascina. | ||||||||||||||||||||
|
OBRAS RELACIONADAS |
|
|
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |