GUíA PARA NON PERDERSE EN POLíTICA : 120 REALIDADES SILENCIADAS |
||||||||||||||||||||
|
|
$ 26.50
Según respuesta
del editor ![]() ![]() |
||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
Dicir a verdade, informar, é hoxe unha actividade revolucionaria e por iso está claramente reprimida e silenciada. Dicía Noam Chomsky, lingüista e filósofo de EE.UU, que «a manipulación mediática fai máis dano que a bomba atómica porque destrúe os cerebros». Tamén dicía Chomsky que «é responsabilidade dos intelectuais dicir a verdade e expoñer as mentiras». Estas son algunhas desas verdades ou realidades silenciadas: o franquismo foi unha ditadura criminal; en Galiza non houbo guerra civil, senón un xenocidio; as mulleres sufriron unha dupla represión; Franco era un ladrón e un corrupto; os crimes do franquismo aínda están impunes; O Val dos Caídos é un monumento franquista; o PP aínda non cortou cordón umbilical co franquismo; o ditador Franco elixiu a Juan Carlos como o seu sucesor; Juan Carlos manifestou que tiña un grande afecto e admiración polo ditador; o rei Juan Carlos foi o inspirador do 23-F; temos unha monarquía corrupta e o rei Juan Carlos fixo unha gran fortuna; os Borbóns viven como deus; a monarquía está blindada. Este libro é un manifesto contra os restos do franquismo; unha guía para orientarse, non perderse en política e contrarrestar a propaganda oficial. Un libro colectivo con centos de citas a pé de páxina de escritoras e xornalistas, que son, realmente, as autoras. Unha ferramenta útil para derrotar a unha dereita e extrema dereita, convertidas nun auténtico monstro, que hoxe se presenta con tres cabezas (PP, Cs e Vox), pero un só corazón, con latidos franquistas. Pode ser tamén útil para o traballo do profesorado, un libro para todas as persoas –independentemente da súa idade, ideoloxía ou pensamento político– que queiran acceder a unha información que, lamentablemente, non está moi difundida. Fronte ao silencio e boicot na difusión de moitas verdades, cómpre a complicidade e colaboración das lectoras na difusión e debate das 120 realidades que aborda o libro. |
||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() |