GALIZA MATER, RAíZ ANTERGA : MANUEL RODRIGUES LAPA NA LINGUA E NA CULTURA GALEGAS

Galiza Mater, raíz anterga : Manuel Rodrigues Lapa na lingua e na cultura galegas
 

AUTOR/-A: 

MONTEAGUDO, HENRIQUE

EDITORIAL: 

EDITORIAL GALAXIA

COLECCIÓN: 

ENSAIO ; 127

ISBN: 

9788411762021

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

158 p. 21 cm

FECHA PUBL.: 

05-04-2024

IDIOMA: 

glg 
$ 18.00

Disponible


Libro
Añadir al carrito
 
 
Á Galiza de sempre, raíz anterga da nosa cultura, adico afervoadamente iste libro". Velaí a dedicatoria que Manuel Rodrigues Lapa antepuxo á súa monumental edición das 'Cantigas d'escarnho e maldizer dos cancioneiros trovadorescos galego-portugueses' (1965), un fito sobranceiro tanto da filoloxía galego-portuguesa canto da traxectoria de Editorial Galaxia.
Henrique Monteagudo atopa nesa dedicatoria a chave do ollas que Lapa deitou sobe Galicia e o seu idioma, e que desembocaría na súa proposta reintegracionista. Ao longo da súa brillante traxectoria, desde os seus primeiros estudos filolóxicos sobre a lírica medieval, e especialemnte despois da súa primeira visita a Galicia (1932), cando contactou co movemento galeguista, o filólogo portugués demostrou unha fonda paixón pola nosa lingua. Neste libro, botando man da súa correspondendia con Del Riego e Ramón Piñeiro, e mais dos fondos que o autor legou á Fundación Penzol, desenvólvese unha análise das súas ideas sobre o galego e percórrese a súa colaboracíón coa resistencia galeguista nucleada arredor de Editorial Galaxia, especialmente entre 1950 e 1971, unha estreira relación en que Francisco Fernández del Riego xogou un papel chave, e da que a edición das 'Cantigas' é testemuño perenne.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona