Genaro da Silva nunca se distanciou tanto nin estivo tan próximo de si mesmo como neste libro irónico e fondo, íntimo e ficcional. Tras desenvolver nos últimos anos unha serie de títulos que o converteron nun poeta de difícil clasificación no panorama poético galego, ofrécenos en Gacela un artefacto de ritmo coronario que nos deixa, a medida que se le, unha mestura de pouso emocional e enxeño resacoso. A súa poesía cóbrese dunha apariencia amable pero no seu xermolo vólvese inquietamente tolda, como a profundidade do bosque . “Cando a narración se afasta do posíbel para inventar(se)”, asegura o autor, “un invéntase así nela”. |