ETCETERAMENTE

Etceteramente
 

AUTOR/-A: 

TORO, XELíS DE

EDITORIAL: 

EDICIóNS XERAIS

COL·LECCIÓ: 

XERAIS NARRATIVA ; 502

ISBN: 

9788411102278

EDICIÓ: 

1

DESCR. FÍSICA: 

496 p. 23 cm

DATA PUBL.: 

10-11-2022

IDIOMA: 

glg 
$ 27.50

Segons resposta     
    de l'editor


Libro
Afegir a la cistella
 
 
Páxinas en branco, capítulos que faltan, unha lectora que se rebela, un escritor ansioso por escribir unha obra sublime, un periplo polo trasmundo interior, rebeldes contra a especulación urbanística e revolucionarios á busca do escritor, cartas a un escritor morto, a directora dunha editorial a quen non lle dan as contas, un pauto co demo, unha seita literaria que se rexe polo libro «De catro a catro»... «Etceteramente» é un disparate absoluto: indescritible, indefinible, inexplicable, imperdoable... Unha homenaxe ao poder creativo da literatura. Estamos ante un cóctel literario de preguntas: quen escribe?, quen le?, para que?, como?, que? «Etceteramente» é un artefacto inacabado que nunca terá un punto final porque continuará noutros libros escritos por outras escritoras e escritores e outras lectoras e lectores. Mais tamén encarna unha tristura e unha esperanza, a tristura dos solitarios que nos refuxiamos na literatura en busca dun acougo e a esperanza de que a literatura nos provexa dun fogar: un espazo de dúbida e contradición, de crítica, de reflexión, de rebeldía contra nada, de espellos rotos, unha ventá ao mundo... Un fogar de portas abertas
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nau D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona