ESTéTICA E TEMPORALIZACIóN DO CAMIñO XACOBEO |
||||||||||||||||||||
|
$ 13.00
Según respuesta
del editor |
|||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
Tratase dunha obra inédita que ve a luz en galego, antes que en calquera outra lingoa, por expreso desexo do autor, que elixiu a colección Musa pedestris, de Trifolium, para a súa publicación. (Gamoneda escribe os textos en castelán, pero foron traducidos por María Fe González, que é unha das colaboradoras da editorial). O ensaio, relativo á obra de creación de e verbo do Camiño de Santiago, toca aspectos formais e iconográficos ligados, uns e outros, á arquitectura, á escultura, á pintura e á escrita en función estética. Ocúpase de presenzas que o autor entende xacobeas e que só excepcionalmente son consideradas como tal, partindo de razoables sospeitas que lle proporciona a sensibilidade ante determinadas formas artísticas, incluídas as literarias, e de certos textos historificadores. Tamén, dende a extrañeza motivada polo baleirado de consideracións (consideracións que, polo menos puidesen ser interrogativas) relacionables con tempos que, por exprésalo dalgún xeito, considera o autor previos á “institucionalización” do Camiño. |
||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |