EPISTOLARIO

Epistolario
 

AUTOR/-A: 

DíAZ CASTRO, JOSé MARíA
REQUEIXO, ARMANDO (ed.)

EDITORIAL: 

EDITORIAL GALAXIA

COLECCIÓN: 

MEMORIA ; 37

ISBN: 

9788498655759

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

240 p. 21 cm

FECHA PUBL.: 

25-11-2014

IDIOMA: 

glg 
$ 22.00

Según respuesta  
     del editor  


Libro
Añadir al carrito
 
 
Neste volume reúnese un conxunto epistolar de preto de medio centenar de textos, conxunto que abrangue un arco temporal que vai dende os días da Segunda República, concretamente dende a primavera e 1936 ata 1989, poucos meses antes do pasamento do poeta Xosé María Díaz Castro. A edición correu a cargo do crítico e profesor Armando Requeixo, quen xa se encargara antes da edición da obra completa e mais da biografía do poeta ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas de 2014.
Para calquera escritor, a recuperación e publicación das cartas que enviou e recibiu a través dos anos é fundamental, pois moitas cuestións literarias poden ter —e habitualmente teñen— a súa pertinente aclaración na correspondencia dos autores. Díaz Castro non é nisto unha excepción e aí reside a razón de ser da presente obra: exhumar as misivas coñecidas de contido literario das que o autor de Nimbos participou como emisor ou como receptor.
Este Epistolario compila todas as cartas de interese literario cruzadas entre Xosé María Díaz Castro e outros autores ao longo de varias décadas. Nelas trátanse asuntos relevantes de xorne crea tivo e biográfico, de interese non só para a reconstrución de episodios decisivos da vida e obra do escritor de Guitiriz, senón tamén para o mellor coñecemento de interlocutores como Ricardo Carballo Calero, Xosé Díaz Jácome, Francisco Fernández del Riego, Luís González Tosar, Aquilino Iglesia Alvariño e Ramón Piñeiro, entre outros. A lectura destas cartas achega novas importantes sobre a poética de Díaz Castro, o envío de colaboracións aos medios, opinión lingüísticas diversas, a xestación e recepción das edicións de Nimbos, o seu nomeamento como correspondente da Real Academia Galega ou a súa participación en acontecementos literarios. Considerados no seu conxunto, estes textos fornecen unha documentación privilexiada para contextualizar a obra literaria do escritor e a relación mantida con outros autores do seu tempo.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona