ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA : ANÁLISE E INTERPRETACIÓN DE DÚAS PEZAS TEATRAIS DE CARVALHO CALERO |
||||||||||||||||||||
|
$ 18.00
Según respuesta
del editor |
|||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
Ler unha obra de teatro sen considerar a súa condición de texto para a escea é como ler un guión de cinema prescindindo da orientación ao filme en que, no mellor dos casos, se realiza. De aí, o construírmos este ensaio desde a perspectiva da virtual escenificación de dúas pezas de Carvalho Calero, en coherencia coas súas palabras "Eu endexamais escrevin teatro para ler". En tal posta en escea descansa o esforzo de análise e interpretación de A sombra de Orfeu e o Auto do prisioneiro, pondo de relevo a súa incardinación na nosa historia e o non ben estimado folgo teatral do autor, até o punto de a primeira desas obras nunca ter coñecido as luces da escena. Conxúganse nese azar os problemas crónicos do teatro galego co imbécil escurecemento de Carvalho na Galiza. Porén, a continuada proscrición dun autor constitúe a mellor garantía da súa potencia, indica a necesidade que o poder opresivo ten de se defender contra a forza soberana a retornar desde a sombra. Non existe mellor evidencia de que a tradición recreada por Carvalho, para se dar orixe, segue viva. Por iso, el non pode ser reducido a estatua inerte e confortábel, non pode ser enterrado, para o silenciar de vez, no panteón do consabido e pacificamente ignorado. A súa obra seguirá a nos inquietar e el, como o espectro da nosa razón común, a permanecer inesquecido, inesquecíbel. Esta obra recibiu o primeiro premio na modalidade de Ensaio no Certame "Carvalho Calero" que convoca anualmente o Concello de Ferrol, na XVIII convocatoria correspondente ao ano 2010. |
||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |