DíAZ CASTRO : POETA EN FORMACIóN (1914-1939)

Díaz Castro : poeta en formación (1914-1939)
 

AUTHOR: 

ÍNSUA LóPEZ, EMILIO XOSé

PUBLISHER: 

LAIOVENTO

SERIES: 

ENSAIO ; 351

ISBN: 

9788484873792

EDITION: 

1 ÍNTEGRA

PHYSICAL DESCR.: 

134 p. 21 cm

PUBL. DATE: 

2017-10-21

LANGUAGE: 

glg 
13,37 €

According to  
    publisher's response  


Libro
Add to basket
 
 
Sobre a figura do poeta Xosé Mª Díaz Castro, celebrada con todo dereito no Día Das Letras Galegas de 2014, cumpría explicar de xeito máis apurado e contrastivo algúns instantes e perfís correspondentes ao seu período de formación que o converten nun caso ben máis problemático, “incómodo” e singular do que deixaron consagradas a maioría das aproximacións bibliográficas que suscitou con motivo da citada efeméride.
A índole das súas primeiras producións poéticas e colaboracións públicas na etapa xuvenil revelan un Xosé Mª Díaz Castro identificado de cheo cunha ideoloxía politicamente reaccionaria, neoescolástica e nacional-católica da que se enchoupa nas aulas do Seminario de Mondoñedo e no seu propio medio social e familiar. A súa militancia contra a República e contra os valores progresistas transloce no tipo de publicacións coas que colabora antes do 36 e no contido, explícito moitas veces, dos versos feitos neses anos, tanto éditos como inéditos. A ausencia neste mesmo período de toda relación cordial co galeguismo, mesmo co de corte confesional, resulta tamén unha evidencia que obriga a repensar as pautas e tempos da traxectoria do autor de Nimbos.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Phone+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona