DA NATUREZA DE ESCRITORES, ARTISTAS E VERMES : ENSAIO SOBRE O PRACER DO TRABALLO NUN DIáLOGO CON KARL MARX

Da natureza de escritores, artistas e vermes : ensaio sobre o pracer do traballo nun diálogo con Karl Marx
 

AUTHOR: 

DURáN MEDRAñO, JOSé MARíA

PUBLISHER: 

EDITORIAL GALAXIA

SERIES: 

ENSAIO ; 76

ISBN: 

9788498655322

EDITION: 

1

PHYSICAL DESCR.: 

148 p. 21 cm

PUBL. DATE: 

2014-06-02

LANGUAGE: 

glg 
16,68 €

According to  
    publisher's response  


Libro
Add to basket
 
 
O ensaio Da natureza de escritores, artistas e vermes xira arredor do traballo. Baixo a categoría de traballo enténdese o proceso polo cal os seres humanos dan sentido ás súas relacións coa natureza e a sociedade; de aí que o traballo sexa creador de relación social. Durán Medraño, nun atento diálogo con Karl Marx, distingue entre as categorías de traballo produtivo, que é o traballo tal e como aparece suxeito ás relacións capitalistas de produción, e o poder produtivo do traballo, como aquela actividade que consiste na transformación material da realidade. Fronte ao traballo produtivo, o poder produtivo do traballo é analizado en canto capacidade humana de negar a relación fixada polo capital. A transformación social que o poder produtivo do traballo comporta, segundo expón Durán Medraño, significa revolucionar a relación social entre os suxeitos e dos suxeitos coas cousas; é dicir, significa unha construción anovada do cotián. Esta transformación é abordada no ensaio desde tres ángulos diferentes. Dunha parte, analízase a relación cos produtos do traballo como unha relación emocional-sensíbel, tal e como ésta foi teorizada no produtivismo soviético. Doutra parte, mantense que a relación social, ou a praxe dos suxeitos, se ten que converter nun acontecer que é continuamente «degustado», e nese sentido faise unha análise do sensualismo materialista do filósofo da Ilustración francesa Denis Diderot. Por último, o ensaio aborda o comunismo radical do artista inglés William Morris, quen sostiña que o traballo debe estar sustentado no libre desenvolvemento das capacidades e inclinacións do ser social, o que incide no desenvolvemento pleno da vida social colectiva desde a perspectiva do traballo como pracer.
 

Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2013

SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Phone+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona