CONTRAPICADOS

Contrapicados
 

AUTOR/-A: 

PéREZ REI, MARIñA

EDITORIAL: 

SOTELO BLANCO EDICIóNS

COLECCIÓN: 

MEDUSA

ISBN: 

9788478246229

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

207 p. 21 cm

FECHA PUBL.: 

01-01-2012

IDIOMA: 

glg 
$ 16.50

Según respuesta  
     del editor  


Libro
Añadir al carrito
 
 
Trátase dunha novela coral na que se cruzan personaxes dispares observados desde un igualador ángulo límite.A cama é un obxecto que gaña co claroscuro. Os pacientes dun hospital saben que a intimidade se desprende ao xeito dunha gran carapola, ao tempo que van nacendo moitas emocións lentas e algunha que outra vertixinosa.Un ataque de indignación e imbecilidade pode chegar a consumir trescentas calorías.A pituitaria e a amígdala son dúas grandes descoñecidas. O frío é branco porque as sinestesias suceden; ademais, non é verdade que a auga sexa insípida: sabe a sede. E por suposto, hai partes do corpo que nin sequera sospeitamos que existen.Os personaxes masculinos olen a carballo rebolo; os femininos, a figueiras novas e a tinta roubada. A cámara enfoca os seus rostros e convérteos en personaxes contrapicados, secundarios ou relevantes, imperfectos ou sublimes, pequenos cameos que saen ao paso dun narrador omnisciente e irresponsable que abandona as súas funcións. A súa memoria é unha ollada impresionista que, con pinceladas breves, nos recorda que calquera tempo pasado foi moi mellorable.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona