COMÚN TEMOS A PATRIA : BIOGRAFÍA DOS IRMÁNS VILLAR PONTE

Común temos a patria : biografía dos irmáns Villar Ponte
 

AUTHOR: 

MARTÍNEZ GONZÁLEZ, XURXO
ÍNSUA LÓPEZ, EMILIO XOSÉ

PUBLISHER: 

EDICIÓNS XERAIS

SERIES: 

CRÓNICA. BIOGRAFÍA

ISBN: 

9788491213048

EDITION: 

1

PHYSICAL DESCR.: 

664 p. 22 cm

PUBL. DATE: 

2018-01-18

LANGUAGE: 

glg 
$ 28.00

According to  
    publisher's response  


Libro
Add to basket
 
 
«Todo canto eu fixen se acha ateigado dun amor a Galiza que calquera poderá igualar, pero nunca superar.» A frase de Ramón Villar Ponte, igualmente aplicábel a seu irmán Antón, resume perfectamente o norte que guiou a intensa, continua e poliédrica actividade cívica, política, cultural, xornalística e literaria destes dous irmáns no sangue e na patria que idearon no seu día, «en parolas íntimas», as Irmandades da Fala. Desde a prensa, o folleto, a carta, o libro e a tribuna, os irmáns Villar Ponte resultaron decisivos na configuración dun tempo en que a lingua se fixo bandeira e Galiza comezou a se sentir nación plena á procura dos seus dereitos. Emilio Ínsua e Xurxo Martínez relatan esta singradura irmandiña botando man dunha inxente cantidade de documentos inéditos ou descoñecidos que permiten ofrecer un retrato complexo e axustado destes dous membros destacados da Xeración de 1916. Un esforzo de síntese ameno e rigoroso para dar conta dunha obra de magnitude e relevancia verdadeiramente xigantescas
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Phone+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona