CóDICE CALIXTINO : LIBRO V, GUíA MEDIEVAL DO PEREGRINO

Códice Calixtino : Libro V, guía medieval do peregrino
 

AUTOR/-A: 

LóPEZ PEREIRA, JOSé EDUARDO (ed.)

EDITORIAL: 

TOXOSOUTOS

COLECCIÓN: 

TRIVIUM ; 45

ISBN: 

9788415400387

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

155 p. il. 21 cm

FECHA PUBL.: 

01-01-2012

IDIOMA: 

glg 
$ 17.50

Según respuesta  
     del editor  


Libro
Añadir al carrito
 
 
Cinco son os libros que compoñen o Códice Calixtino, que recibe tal nome do papa Calixto (1119-1124), pero tamén chamado Libro de Santiago por razón do seu contido relacionado co apóstolo. O último deses cinco é precisamente o máis coñecido, sobre todo desde que o Camiño de Santiago adquiriu dimensións universais, despois de que o Consejo de Europa o declarase primeiro “Itinerario Cultural Europeo” no ano 1987, abrindo Galicia e Compostela a Europa e ao mundo.
O Códice Calixtino gardábase no arquivo da catedral de Santiago, ata que lamentablemente desapareceu o 4 ou 5 de xullo de 2011, sen que polo de agora ninguén poida aclarar qué pasou con el. O feito divulgouse amplamente por todo o mundo e a noticia fixo que un libro que ata entón era so obxecto de estudo de investigadores se convertese en tema de interese cultural de toda a sociedade en xeral.
Ofrecemos aquí o quinto deses libros que compoñen o Códice, no que aparece sen título algún, pero que xa é universalmente coñecido como Guía do peregrino polo seu contido, que o propio autor define así: “Escribín todo isto para que os peregrinos, con esta información, poidan prever os gastos necesarios para a súa viaxe, cando saian para Santiago.” El mesmo fixo a primeira viaxe no século XII desde Francia, pois Aimerico Picaud, a quen se lle atribúe particularmente o libro V, era orixinario de Parthenai, no Poitou francés.
Grazas a el conservamos a descrición de moitas vilas que percorreu, de igrexas e sartegos que visitou, de hospitais e de hospedaxes polos que pasou, e mesmo imprescindibles referencias de persoas, boas e malas, que atopou ao longo do camiño, para rematar cunha fermosa e completa descrición da cidade de Santiago, das súas prazas, das súas sete portas e, sobre todo, da súa catedral e do ambiente que xa daquela a arrodeaba, onde se ofrecían aos peregrinos todo tipo de mercadorías, dende "vieiras ata botas de viño, zapatos, mochilas de pel de cervo, bolsas, correas, cintos e ata herbas medicinais”.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona