CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO ZERNADAS : EDICIÓN E ESTUDO DUN NOVO TEXTO EN GALEGO DO SÉCULO XVIII

Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas : edición e estudo dun novo texto en galego do século XVIII
 

AUTOR/-A: 

FERNÁNDEZ SALGADO, XOSÉ A. (ed.)

EDITORIAL: 

LAIOVENTO

COL·LECCIÓ: 

ENSAIO ; 347

ISBN: 

9788484873648

EDICIÓ: 

1 CRÍTICA

DESCR. FÍSICA: 

204 p. 21 cm

DATA PUBL.: 

06-07-2017

IDIOMA: 

glg 
17,88 €

Segons resposta     
    de l'editor


Libro

 
 
Neste libro dáse a coñecer un manuscrito inédito, escrito en galego arredor da década de 1770, que contén cincuenta décimas dirixidas contra o Cura de Fruíme. Trátase dunha longa carta en verso, sen datar e sen emisor coñecido, en que se fai unha retranqueira censura contra o Cura polos Petitorios que este anualmente publicaba co obxecto de recadar bens para o culto da Virxe das Dores.
A escaseza de textos en galego no período dos Séculos Escuros así como a extensión da composición, o rexistro lingüístico empregado e a súa calidade poética converten as décimas nun texto transcendental neste período da lingua e obrigan a matizar afi rmacións sobre o anecdótico uso do galego escrito nesta altura. Por este motivo, Laiovento comprácese en publicar este libro Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas. Edición e estudo dun novo texto en galego do século XVIII, de Xosé A. Fernández Salgado. Nel ofrece dúas edicións das décimas, unha paleográfi ca e outra anotada e actualizada grafi camente, claves para comprender o seu contido, conxecturas sobre a súa datación e autoría e unha completa análise dos trazos gráfi cos, morfosintácticos e léxicos.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nau D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona