AUTóGRAFOS POéTICOS

Autógrafos poéticos
 

AUTOR/-A: 

CASTRO, ROSALíA DE
MONTEAGUDO, HENRIQUE (ed.)

EDITORIAL: 

FUNDACIóN PEDRO BARRIé DE LA MAZA

COLECCIÓN: 

CLáSICOS DA ACADEMIA ; 4

ISBN: 

9788497521543

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

232 p. 22 cm

FECHA PUBL.: 

01-03-2017

IDIOMA: 

glg 
$ 20.00

Según respuesta  
     del editor  


Libro
Añadir al carrito
 
 
O volume Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos, publicado pola Fundación Barrié e a Real Academia Galega na colección Clásicos da Academia, e editado polo profesor da Universidade de Santiago de Compostela Henrique Monteagudo, secretario da Real Academia Galega, recolle a totalidade dos testemuños manuscritos da obra poética rosaliana realizados do seu propio puño e letra. O volume iníciase cun estudo introdutorio, seguido dun inventario exhaustivo deses testemuños e da reprodución fotográfica de todos eles, acompañada de cadansúa transcrición, debidamente anotada; e remata cun apéndice en que o investigador Diego Rodríguez, bibliotecario da Fundación Barrié, ofrece a reprodución e transcrición dunha carta inédita de Manuel Murguía á súa esposa, datable arredor de 1880. Os manuscritos rosalianos proceden fundamentalmente do Arquivo Municipal da Coruña, do Arquivo da Deputación provincial da Coruña e do Arquivo da propia Real Academia Galega, aínda que tamén os hai procedentes dasfRosalía de Castro e Penzol e de arquivos particulares.
En conxunto, os testemuños abranguen un período que vai desde 1860 aproximadamente ata 1885, e cobren todas as facetas da obra poética rosaliana, pois uns están relacionados coa súa obra inicial en galego, Cantares Gallegos, outros con Follas novas (os menos), e bastantes deles con En las orillas del Sar. É moi notable o grupo de poemas orixinais da autora pouco coñecidos, incluíndo o embrión dun libro titulado Postrimerías, que nunca chegaría a rematarse. Tamén son moi interesantes os testemuños do seu labor como folclorista (recolla de coplas e cantares populares). Trátase, por tanto, dunha contribución novidosa e extraordinariamente importante ao coñecemento e o estudo da obra poética dunha figura central da poesía galega e española do século XIX.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona