AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931) : REIVINDICACIóN IDENTITARIA E ACTIVISMO SOCIO-POLíTICO-CULTURAL NO PRIMEIRO TERZO DO SéCULO XX

As Irmandades da Fala (1916-1931) : reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX
 

AUTHOR: 

DIéGUEZ CEQUIEL, UXíO-BREOGáN (ed.)

PUBLISHER: 

LAIOVENTO

SERIES: 

ENSAIO ; 334

ISBN: 

9788484873303

EDITION: 

1

PHYSICAL DESCR.: 

294 p. 21 cm

PUBL. DATE: 

2016

LANGUAGE: 

glg 
$ 21.50

According to  
    publisher's response  


Libro
Add to basket
 
 
Nos inicios do pasado século XX tecíanse relacións fecundas entre os máis relevantes valores da Galiza. Relacións que darían lugar a iniciativas de grande e decisiva importancia, caso das Hirmandades dos Amigos da Fala. Unha organización que, desde o seu nacemento na primavera do 1916, reivindicaría a identidade nacional da Galiza, a partir da defensa do idioma propio do noso país nun tempo no que a lingua galega ficaba fóra da legalidade (española) imperante.
Na presente monografía apreséntase unha ampla visión do que foron e representaron as coñecidas, popularmente, como Irmandades da Fala; partindo do contexto no que estas foron creadas e no que agromaron de xeito vizoso. E facémolo como homenaxe ás Irmandades no marco do centenario da creación das mesmas (1916-2016).
Diante desta efeméride agardamos contribuír a socializar unha panorámica, o máis ampla posíbel, de como se xestaron e o que significaron para o país as Irmandades da Fala. Socializar, nomeadamente, que programa socio-político e cultural ergueron e defenderon as Irmandades, cal foi o seu modelo organizativo e o seu axir, cales foron as diferenzas internas que amosaron e onde situaron o eixo central da Causa galega: a loita pola visibilización da nación galega, a partir da defensa do idioma propio, en todos os planos nos que esta debía de se manifestar como tal; pulando ao tempo polo recoñecemento da Galiza como suxeito político.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Phone+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona