AO ABEIRO DA AMIZADE : EPISTOLARIO 1926-1976 |
||||||||||||||||||||
|
$ 30.50
Según respuesta
del editor |
|||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
Velaquí a correspondencia entre dúas figuras chave da cultura galega dos anos centrais do século XX: Sebastián Martínez-Risco e Ramón Otero Pedrayo. Máis de cento cincuenta cartas do autor de Trasalba e sesenta de quen foi presidente da Real Academia Galega. Desde o ano 1926 até o 1976, en que morre Otero Pedrayo, os dous autores tratan asuntos variados, nos que predominan a actividade cultural, fundamentalmente arredor da Real Academia Galega, dos seus actos e iniciativas, xunto co proceso de elaboración das propias obras e as súas peripecias editoriais. Non faltan aspectos íntimos e persoais que poñen ao descuberto a calidade humana dos dous amigos: tristezas e alegrías por avatares familiares, humildade e modestia ao rexeitaren honras e louvanzas, xenerosidade no cumprimento de tarefas en prol da causa galeguista, conflitos e tensións coa sociedade do seu tempo, desinterese por prebendas persoais. Un canto á amizade como refuxio durante a longa noite de pedra, en pleno exilio interior | ||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |