ALGUéN VIRá... : ROMANTICISMO, MEMORIA E REVOLUCIóN NA LITERATURA DE LUíS SEOANE |
||||||||||||||||||||
|
14,38 €
Según respuesta
del editor |
|||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
Alguén virá... é unha mirada crítica ao pensamento do intelectual galego máis internacional do século XX, Luís Seoane (1910-1979). O marco temporal para estas cavilacións son os frenéticos anos cincuenta: o período de maior produción literaria de Seoane, mais tamén un tempo de reformulación das hexemonías culturais nun Atlántico norte co que el seguía vencellado, aínda dende a distancia do exilio. Eran anos nos que o triunfo da narrativa da “posguerra” despois da Segunda Guerra Mundial contrastaba coa persistencia da guerra que expulsara da península milleiros de exiliados republicanos. Neste contexto –ineludible para entender o encontrón cos intelectuais de Galaxia do período 1956-1958–, Seoane afonda na percepción do desaloxo da historia ao que estaban forzados os exiliados, unha conclusión pesimista que metaboliza, porén, a través da escritura literaria. Exemplo disto son o poemario As cicatrices (1959) e, sobre todo, a obra de teatro A soldadeira (1957). Alguén virá... parte destes escritos para establecer un diálogo entre a filosofía da historia coa que o romántico Seoane se defende do momento de perigo que foron para el os anos cincuenta e os textos que escribira dúas décadas antes unha das voces de referencia do romanticismo revolucionario da Europa de entreguerras, o Walter Benjamin das Teses sobre a filosofía da historia. Pensar a Seoane dende o diálogo co fervedoiro que foi a Europa dos anos vinte e trinta, que el non deixou de revisitar ata a fin dos seus días, é facerlle xustiza ao pensamento que informa o seu plural legado cultural. | ||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |