A TRAVéS DO FUME |
||||||||||||||||||||
|
|
$ 17.00
According to
publisher's response ![]() ![]() |
||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
Nina diríxese ao aeroporto flamengo de Zaventem para recoller o voo de regreso a Santiago. Vai pensando nos motivos que a levaron ata alí. Unha fervenza de sensacións e emocións asolágaa: maletas, viaxeiros, altofalantes, rótulos publicitarios e rostros que se confunden con outros rostros a través do fume doutra viaxe. A viaxe interior, a viaxe do tempo. Coa linguaxe da evocación e da invocación, António Piñeiro tece nesta novela as revoltas das lembranzas no pensamento dunha muller. Memorias, desexos e devezos na febra dunha corrente de consciencia que describe sutilmente, parágrafo a parágrafo, os recullos dunha época e o misterio dunha historia de amor definitiva. Co pano de fondo da emigración galega a Europa, ese retorno vai acabar sendo o retorno da protagonista a si mesma, un regreso ás vivencias e enigmas do pasado. A relación cos pais, as promesas incumpridas, os soños desgastados, os amores difíciles levan a novela a un final insólito. A través das sensacións, dos retrincos de imaxes, dos momentos, recendos e sons inesquecibles, aparece a potencia literaria dunha obra que, desde o abraio, deixa ao descuberto a historia oculta, íntima e dolorosa, dun drama persoal e colectivo. |
||||||||||||||||||||
Premio Torrente Ballester, 2017 |
||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() |