Á SOMBRA DOS BONSAIS |
||||||||||||||||||||
|
$ 16.00
Según respuesta
del editor |
|||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
Non sempre as grandes historias precisan de moitas palabras. Velaquí o punto de partida desta nova achega narrativa de Antón Riveiro Coello, que propón un xogo literario para contarnos o mundo en textos cada vez máis miúdos. Nesta disposición en árbore, coas pólas baixas máis grandes cás do cumio, os relatos vanse reducindo en extensión pero non en intensidade. Ese é un dos maiores engados do libro, a eficacia coa que o autor da Limia elabora historias enormes coa suxestión de textos a cada volta máis pequenos. Esa capacidade de concentración expresiva dos relatos, que xa nacen no título, remata case sempre con finais que provocan en quen le un sorriso, ou un abraio. Orixinalidade, concisión e un pulso coa narrativa curta que anima a ler o libro dunha sentada. |
||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |