A OBRA XORNALíSTICA DE JOSé GóMEZ DE LA CUEVA (JOHAN CARBALLEIRA) |
||||||||||||||||||||
|
|
19,18 €
According to
publisher's response ![]() ![]() |
||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
José Gómez de la Cueva, que asinaba os seus traballos co pseudónimo Johan Carballeira, foi un dos xornalistas galegos máis valorados durante os anos anteriores á guerra civil. Os seus artigos, reportaxes i entrevistas publicáronse sobre todo en xornais galegos (Faro de Vigo, El Pueblo Gallego) e tamén de ámbito español (Ahora, El Sol, La Voz de Aragón), distribuídos pola Axencia EDIM. Tamén publicou en revistas que se difundían en todo o Estado, como Estampa ou Gaceta de Galicia. Como poeta publicou a súa obra tamén en xornais e revistas, pero non puido levar a cabo o proxecto, anunciado antes da súa morte, de publicar unha escolma co título de Cartafol de poesía. Elixido alcalde de Bueu polo Partido Galeguista en 1936, o seu raballo neste eido transcendeu o ámbito municipal para ocuparse dos problemas das clases traballadoras, fundamentalmente mariñeiros, mediar coas forzas políticas e empresariais as súas condicións de traballo. A guerra civil provocou a súa detención e, despois dun consello de guerra, foi condenado a morte, sentencia que se levou a cabo o 17 de abril de 1937. A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira) é unha recompilación comentada e contextualizada da maior parte dos seus traballos publicados nos xornais e nas revistas nas que colaboraba. Aquí están a práctica totalidade dos seus escritos xornalísticos clasificados por bloques temáticos (política, cultura, lingua...), por xéneros xornalísticos e ordenados cronolóxicamente. |
||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() |