A NOITE DAS CEBOLAS

A noite das cebolas
 

AUTOR/-A: 

ANEIROS, ROSA

EDITORIAL: 

EDICIóNS XERAIS

COLECCIÓN: 

XERAIS NARRATIVA ; 523

ISBN: 

9788411104982

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

320 p. 10 cm

FECHA PUBL.: 

07-03-2024

IDIOMA: 

glg 
$ 20.00

Disponible


Libro
Añadir al carrito
 
 
Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelecida» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa propia morte. Contra todo prognóstico, unha corza esmagada no asfalto, un raposo famélico chamado Leonardo, un furtivo farfallán e retranqueiro, un torneo de fútbol veterano, unha nena que cheira a ouriños e unha sementeira de cebolas acompañada dun breve tratado para o seu cultivo demóstranlle que a vida, ás veces, é quen de meter un gol no tempo de desconto.
Rosa Aneiros volve engaiolarnos cunha novela sobre a beleza, a fraxilidade, a observación da natureza, os coidados, a memoria tramposa, a culpa e a íntima alegría de sentirse viva no medio dunha noite negra cando, de xeito inesperado, dan en esfacharear as estrelas
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona