A MULLER DE LONA

A muller de lona
 

AUTOR/-A: 

SANTOS LEDO, ALBERTE

EDITORIAL: 

LAIOVENTO

COLECCIÓN: 

NARRATIVA ; 415

ISBN: 

9788484875840

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

238 p. 21 cm

FECHA PUBL.: 

01-06-2022

IDIOMA: 

glg 
$ 20.00

Según respuesta  
     del editor  


Libro
Añadir al carrito
 
 
O mesmo día no que Hipólito Foxo, o único empregado dun aparcadoiro, empeza a redacción de dúas cartas ás mulleres coas que convive clandestinamente para rachar cunha delas, recibe a sospeitosa chamada da súa xefa que o arrastra a unha situación que non ambicionaba e da que non sabe saír. O protagonista da novela enfróntase a dúas encrucilladas, a sentimental e a laboral, inspirándose na modelo publicitaria, a quen lle da voz, que protagoniza a campaña de inverno duns grandes almacéns. Hipólito, un home cada vez máis ausente do seu hábitat, converte a procura de respostas nunha sorte de resistencia individual fronte a unha sociedade cada vez máis tecnolóxica que esmaga a través das mensaxes publicitarias do mundo actual a súa individualidade. A presenza da modelo na fachada dos grandes almacéns axúdalle durante 28 días a enfrontar a enxurrada de dúbidas e ameazas que amosan a vulnerabilidade do home actual fronte ao pensamento e os patróns dominantes das grandes campañas de publicidade. A novela resolve con doses de humor e unha marea ben argallada de personaxes as relacións do protagonista coa súa propia contorna: as súas parellas, os seus colegas de traballo, os vellos compañeiros da escola de FP, a veciñanza, un comunicante anónimo, ... O autor fai un intenso exercicio de experimentación no seu proceder narrativo, propoñendo unha estrutura para o relato chea de virtudes que dinamizan, ao tempo que ensanchan, a mirada do lector ante unha historia en constante movemento. “Mirar a vida a través dos ollos de Hipólito -din o xornalista Ramón Rozas autor do limiar que antecede a novela-, dende o seu refuxio laboral entre choivas, fríos e coches é poñerse ante un cantil dende o que arroxar unha botella ao mar. Palabras enchoupadas de soidades que procuran resistir unha oleaxe cada vez máis forte, como a que plantexan estes días, os días nos que vivimos, os días nos que resistimos”.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona