A MONXA E O GRUMETE |
||||||||||||||||||||
|
|
$ 21.50
Segons resposta
de l'editor ![]() ![]() |
||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
Aló onde os meandros do Miranda habitan nas branquias das troitas, o ar da Terra Brava insiste en cicatrizar os pousos do alustro que fixeron dunha pel o mapa da melancolía máis atonal, Pedro e María de Miranda Ribadeneyra aprenderon a construír á vez os seus máis lícitos devezos, malia que os lóstregos da inmundicia tratasen de lles esgazar os lamentos. É esta a pintura dun relato propiamente rescatado da memoria familiar, estritamente baseada en feitos reais, agás naqueles fragmentos e imaxes que non o son. Unha crónica da Galiza rural e escura dos comezos da Idade Moderna, unha analítica das febres das persoas e un apañar polas estradas o anuncio da santidade duns homes, e dunha muller, que só trataron de se explicaren a través da luz do seu instinto. A traxectoria dunha monxa e un grumete que aínda serve para que edifiquemos unha illa enchida onde pór a bandeira que pinta todas as cores do arco da vella. |
||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nau D-1. 08038 Barcelona |
![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() |