A LINGUA DE VIANA DO BOLO : DESCRICIÓN E TEXTOS

A lingua de Viana do Bolo : descrición e textos
 

AUTOR/-A: 

ÁLVAREZ POUSA, CONCEPCIÓN

EDITORIAL: 

UNIVERSIDAD DE VIGO

COLECCIÓN: 

MATERIAIS LINGÜÍSTICOS ; 12

ISBN: 

9788481589481

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

267 p. 24 cm

FECHA PUBL.: 

15-03-2023

IDIOMA: 

glg 
$ 10.50

Según respuesta  
     del editor  


Libro
Añadir al carrito
 
 
O presente volume trata de achegar un coñecemento sistematizado sobre as características lingüísticas deste concello ourensán situado nun enclave lingüístico singular a carón das Portelas (Zamora) e relativamente próximo ao Bierzo (León). O vianés é unha variedade do galego oriental pertencente á microsubárea O Bolo-Viana, encadrada na subárea Valdeorras-Viana da área oriental-central, con características diferenciadoras do galego común. A obra iníciase cunhas notas sobre a comarca da Terra de Viana e a historia, a sociedade e a situación sociolingüística de Viana do Bolo, seguido de capítulos sobre o bloque oriental na dialectoloxía galega e sobre Laureano Prieto, pioneiro no estudo do vianés. A continuar faise unha descrición da variedade vianesa tendo en conta fenómenos fonéticos, morfolóxicos e sintácticos, seguida dun estudo do cambio lingüístico a partir de variables deses fenómenos e dalgúns termos léxicos. Asemade, sinálanse as características lingüísticas comúns co galego das Portelas (Zamora), do Bierzo (León) e do valego (Cáceres); e no caso do léxico ofrécense 50 termos, uns propiamente vianeses, outros compartidos co galego común, pero cun matiz especificamente vianés e común en varios casos co galego zamorano, berciano e valego. A obra complétase cunha escolma de 25 etnotextos, correspondentes a 25 parroquias vianesas, nas voces das persoas informantes, e onde a economía, a etnografía, a historia local, a paisaxe, a tradición e a vida falan dunha Terra que atesoura unha lingua e que amosa a gran riqueza dun ámbito oriental no conxunto do patrimonio lingüístico e cultural galego.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona