A HISTORIA DE SARA |
||||||||||||||||||
|
$ 22.50
According to
publisher's response |
|||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||
A historia de Sara, ilustrado por Luz Beloso, é un libro singular de difícil definición. A historia está contada por unha cativa de 6 anos, na linguaxe dunha nena tan pequena, nun uso da linguaxe como o dunha nena pequena... pero do que nos fala é dun tema duro, difícil, algo que unha nena de 6 anos non debería ter que vivir. A través dunha trama apaixonante, só descubriremos ao final do libro, que é o que atenaza á pequena. A historia de Sara ocúpase dun tema complexo que ten que ver con algo que a infancia nunca debería padecer. Unha ollada dende a infancia á brutalidade dos adultos, ao inferno no que, en moitas ocasións, son as casas cando deberían ser un remanso de paz. Sara leva calada moitos anos. Sara non fala. Porque garda un segredo. Temos que ler o libro para entender que é o que a está a destruír por dentro... A historia de Sara non é un libro infantil, malia que a cativada poida lelo. É un libro que nos interpela aos adultos, que nos interroga sobre como é posible que sucedan certas cousas terribles no seo dos fogares. |
||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |