A FIGURACIÓN GALEGA DE IRLANDA (1840-1936) : DE IMAXE ESPECULAR A MODELO FRUSTRADO

A figuración galega de Irlanda (1840-1936) : de imaxe especular a modelo frustrado
 

AUTOR/-A: 

RODRÍGUEZ MADRIÑÁN, XAVIER

EDITORIAL: 

LAIOVENTO

COLECCIÓN: 

ENSAIO ; 403

ISBN: 

9788484875390

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

900 p. 21 cm

FECHA PUBL.: 

02-09-2021

IDIOMA: 

glg 
43,22 €

Según respuesta  
     del editor  


Libro
Añadir al carrito
 
 
Dende hai case dous séculos Irlanda foi constituída polo galeguismo como un dos principais referentes simbólicos de Galicia. Fose como cotexo da miseria propia, como evidencia xustificativa da proclamada natureza céltica do país, como estímulo para a mobilización do campesiñado ou como paradigma da loita nacional, Irlanda acabou por se converter no discurso galeguista en modelo de inspiración para seguir Galicia. O emparellamento deliñou unha representación dos dous suxeitos como nacións irmás desde as mesmas orixes, semellantes nos trazos caracterizadores e no seu destino histórico.
A xénese ideolóxico-política da comparanza asignáballe unha función confirmadora da lexitimidade e a pertinencia das propostas galeguistas, o que volvía o retrato irlandés dependente dos cambios contextuais. De tal xeito que, preservando os fundamentos que autorizaban a relación de afinidade, a figura galega de Irlanda experimentou unha serie de adaptacións no decurso do tempo, amosando a súa natureza conxuntural e maleable á comenencia. Neste senso, foron as necesidades do designio galeguista en cada circunstancia as determinantes primordiais da imaxe de Irlanda construída desde Galicia, val dicir, da selección, subliñado e esvaemento dos riscos do seu perfil.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona