A CONSTRUCIóN MEDIáTICA DO CONFLITO : O CASO DE RESISTENCIA GALEGA

A construción mediática do conflito : o caso de Resistencia Galega
 

AUTOR/-A: 

DOMíNGUEZ GARCíA, HELENA

EDITORIAL: 

AXóUXERE EDITORA

COLECCIÓN: 

POLIMNIA ; 16

ISBN: 

9788494855368

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

272 p. 21 cm

FECHA PUBL.: 

13-11-2020

IDIOMA: 

glg 
17,31 €

Según respuesta  
     del editor  


Libro
Añadir al carrito
 
 
No ano 2013 Resistencia Galega converteuse no único grupo terrorista de carácter separatista en activo en España, toda vez que ETA anunciara o cesamento da violencia no País Vasco. A Audiencia Nacional outorgáralle o perigoso status de terrorista a unha organización da que ninguén se declaraba integrante e cuxas accións máis destacadas eran un feixe de desfeitas contra diferentes bens inmóbeis. A manipulación da que foi obxecto Resistencia Galega nos medios de comunicación e a contundente resposta política e xudicial que se despregou para apagar o fenómeno tivo moito que ver coa debilidade do movemento independentista galego, coa política represiva herdada do conflito do País Vasco e coa existencia duns medios de comunicación sometidos ao poder político e aliñados ideoloxicamente co centralismo español. A emerxencia mediática de Resistencia Galega supuxo unha batalla ideolóxica no eido político de Galiza que obrigou os partidos a posicionárense non só ante o uso da violencia senón tamén ante unha forma de entender o país. A construción mediática do conflito. O caso de Resistencia Galega aborda o tratamento de Resistencia Galega nos medios de comunicación e axuda a comprender o conflito identitario de Galiza e mais tamén o impacto que exerceu a prensa na conformación dun imaxinario terrorista que ameazaba con crebar o clixé de pobo amansado e desmobilizado recreado perpetuamente polos xornais. Estamos ante un libro que examina a realidade galega baixo un prisma local e universal simultaneamente, apoiándose nun compendio de literatura científica arredor de temas como o nacionalismo, a identidade, o terrorismo, a construción do discurso e a mediatización dos conflitos. Helena Domínguez combina neste libro, de xeito maxistral, escrita académica con crónica xornalística, de tal sorte que o libro se abre hermeneuticamente en moitas direccións, encamiñándose a diversos públicos, desde investigadores do ámbito das Ciencias Políticas e da Comunicación até calquera persoa que desexe reflexionar criticamente sobre aspectos socio-políticos candentes no mundo contemporáneo e tomar conciencia da natureza construída e interesada de calquera relato difundido polos medios de comunicación.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona