|
---|
Fernando Pérez-Barreiro Nolla (El Ferrol, 1931-Lancaster, 2010) foi un escritor e tradutor galego. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Sumouse ao ambiente galeguista da capital galega, e grazas a estas relacións consegue un posto de traballo na emisión en galego da radio da BBC británica, onde compartirá espazo con Plácido Castro. Múdase entón a Londres en 1963 e alí traballará para os servizos exteriores da BBC ata 1969, onde empregou o pseudónimo Fernando Nolla. Posteriormente incorporouse como tradutor á Organización Internacional do Café, onde traballou ata a súa xubilación en 1993 e onde seguiu colaborando durante varios anos con posterioridade. Nese tempo licénciase tamén en lingua e literatura chinesa pola universidade de Westminster, e realiza unha estadía en 1982 en Beixín. Na década dos noventa exerceu como profesor universitario de tradución na universidade de Westminster e na universidade do Val do Támesis. A súa relación con Galicia mantívose a través das traducións do inglés ao galego e do seu labor como membro do consello asesor do IGADI. Tamén escribía con regularidade para publicacións galegas. |
OBRAS DEL AUTOR |
---|
Mostrando 1 a 2 de 2
|
« Anterior
1
Siguiente »
|
Amada liberdade Aut.: Pérez-Barreiro Nolla, Fernando | Barro, Teresa Ed.: Edicións Xerais 2013 ISBN: 9788499143385 |
20,20 € RUST. |
+ i n f o |
|
Poemas do Carricanto Aut.: Pérez-Barreiro Nolla, Fernando Ed.: Espiral Maior 2017 ISBN: 9788494596766 |
17,31 € RUST. |
+ i n f o |
Mostrando 1 a 2 de 2
|
« Anterior
1
Siguiente »
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |