|
---|
Manuel Darriba (Sarria, 1973) é narrador, poeta, guionista e xornalista. Debutou na literatura en 1997 coa novela xuvenil Paf Xarope, á que seguiron títulos como Velada do billarista (Premio Lueiro Rey 2000) ou Accidental, ambos os dous traducidos ao castelán. É autor dos poemarios Calor (1997), Vostede non sabe con quen está a falar (Premio Espiral Maior 2004) e Os indios deixaron os verdes prados (Premio González Garcés 2010). A súa incursión na narrativa infantil, Brais e os demais, foi finalista do Premio Frei Martín Sarmiento (2012). Como xornalista comezou a mediados dos 90 do pasado século en El Progreso e desenvolveu a profesión en diversos medios escritos (El Periódico de Catalunya, El Mundo, Expansión, El País). O seu labor de reporteiro valeulle galardóns como o Julio Camba ou o Manuel Alcántara. Na actualidade publica unha columna de opinión no semanario De Luns a Venres. É autor, con Daniel Salgado, da crónica política AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda (2013). No terreo audiovisual, escribe guións de cine e televisión e dirixe documentais e programas. En 2005 estivo nomeado aos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego na categoría de documental. En 2011 obtivo unha bolsa de creación para guionistas na Residencia de Estudiantes de Madrid. O seu filme documental Pacios. As fotos da memoria (2011) exhibiuse en festivais internacionais de Europa e América. |
OBRAS DEL AUTOR |
---|
Mostrando 1 a 8 de 8
|
« Anterior
1
Siguiente »
|
![]() |
A realidade Aut.: Darriba, Manuel Ed.: Edicións Xerais 2021 ISBN: 9788491218012 |
18,22 € RUST. ![]() |
+ i n f o |
![]() |
Branco Aut.: Darriba, Manuel Ed.: Editorial Galaxia 2009 ISBN: 9788498652116 |
14,33 € RUST. ![]() |
+ i n f o |
![]() |
El billarista ; Accidental Aut.: Darriba, Manuel Ed.: Bruguera 2008 ISBN: 9788402420725 |
16,35 € RUST. ![]() |
+ i n f o |
![]() |
El bosque es grande y profundo Aut.: Darriba, Manuel Ed.: Caballo de Troya 2013 ISBN: 9788415451259 |
15,29 € RUST. ![]() |
+ i n f o |
![]() |
Elefante Aut.: Darriba, Manuel Ed.: Edicións Xerais 2018 ISBN: 9788491213000 |
15,87 € RUST. ![]() |
+ i n f o |
![]() |
Experimentos coa mentira Aut.: Darriba, Manuel Ed.: Editorial Galaxia 2005 ISBN: 9788482887845 |
10,19 € RUST. ![]() |
+ i n f o |
![]() |
O bosque é grande e profundo Aut.: Darriba, Manuel Ed.: Edicións Xerais 2013 ISBN: 9788499145402 |
19,71 € RUST. ![]() |
+ i n f o |
![]() |
Santa morte Aut.: Darriba, Manuel Ed.: Editorial Galaxia 2019 ISBN: 9788491513223 |
13,75 € RUST. ![]() |
+ i n f o |
Mostrando 1 a 8 de 8
|
« Anterior
1
Siguiente »
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() |